martes, 15 de mayo de 2018

Sementamos

                              

Hoxe pola tarde fomos a sementar leitugas coa profe Ánxela. Despois de tantos anos sementando xa somos uns expertos.

domingo, 6 de mayo de 2018

APRENDER A EMPRENDER

Dende fai tres venres vimos participando no proxecto de Junior Achievement sobre aprender a emprender e aínda nos quedan dous venres máis.
Para levar a cabo este proxecto contamos coa axuda da voluntaria, Rosa Casares Prieto.

PRIMEIRA SESIÓN: NUESTRA CIUDAD.
Estudamos as distintas zonas que hai nunha cidade e a importancia do "arquitecto/a urbanista"



SEGUNDA SESIÓN: CONSTRUYENDO UNA CIUDAD.
Definición de construcción, interpretar un plano, a escala de medida e diferentes edificios que hai nunha cidade.





TERCEIRA SESIÓN: COMIENDO FUERA DE CASA.
Nesta sesión coñeceremos o significado das palabras: consumidor, productor, empresario e logotipo.
Estudaremos os pasos a seguir para montar un restaurante:  zona de ubicación, nome do restaurante, logotipo, tipo de comida, prezo do menú, publicidade e personal que contratamos para traballar nel.





CUARTA SESIÓN: 







lunes, 23 de abril de 2018

Día do libro

Hoxe celebramos no cole o día do libro. Este ano o alumnado co ceip plurilingüe de Seixalbo contou coa representación dunha pequena obra de teatro levada a cabo por un grupo de profesoras do centro.
"Soños nos andeis" é a obra que seguio con gran atención todo o alumnado.
Tamén fixemos un mural sobre o mesmo, no que cada nena/o decoraba o lomo do seu libro preferido.


martes, 3 de abril de 2018

HABILIDADES SOCIOEMOCIONAIS


Estamos participando no proxecto de "MENIÑOS"  e para levar a cabo estas actividades, contamos coa axuda e colaboración da profe de E.F. Marta.
Fixemos os seguintes xogos:
1º: "AROS MUSICAIS COOPERATIVOS".  Ao principio cada neno/a ten un aro pero a medida que avanza o xogo quedan menos aros e terán que meterse xunto con compañeiros/as dentro do mesmo aro.
2º : "CARREIRA DE CARACOIS".  Establécese un percorrido e terán  que facelo a cámara lenta ata chegar á meta.
3º : "SEGUINDO A MÚSICA".   Ten que bailar as cancións seguindo unhas indicacións.
Con estos xogos pretendemos traballar as habilidades socioemocionais, a resolución de conflitos e a regulación emocional.
Moitas grazas Marta. Foi unha clase fantástica.