lunes, 6 de junio de 2016

GOALBALL

Hoxe pola mañán tuvemos a sorte de contar con Sandra, unha profe especialista en braille e en deportes para invidentes. Para chegar ao ximnaxio, a metade da clase era invidente e a outra metade eran os guías.
Cando chegamos ao ximnasio e despois de correr sin ver nada xogamos ao goalball. Este xogo, de 3 xogadores cada equipo, básase principalmente no sentido auditivo para detectar a traxectoria da pelota, que leva no seu interior cascabeles que soan ao movemento do balón. Este deporte require unha gran capacidade de orientación espacial.
Para poder xogar foi preciso marcar o campo e para elo contamos coa axuda e colaboración do profe de E.F.
MOITAS GRAZAS A JUAN E A SANDRA .


No hay comentarios:

Publicar un comentario