lunes, 26 de febrero de 2018

Explicamos a reciclase ao alcalde, que nos visita na aula.

Hoxe contamos coa visita do alcalde de Ourense, D. Jesús Vázquez. Explicámoslle o proceso de reciclado e o compromiso que temos firmado para coidar o noso planeta.
A través  dun vídeo, explicámoslle todo o proceso. Tamén lle fixemos entrega dun pequeno libro con debuxos.
Agora que xa temos contenedor de papel é todo máis doado.

       

sábado, 17 de febrero de 2018

Vicentiño xa está no cole!


É tradición no entroido de Seixalbo que os tres personaxes máis salientables: Paquita, Nicanor e Vicentiño, despois do martes de Entroido, pasen a formar parte dunha nova familia. Pode ocurrir que vaían separados ou mesmo xuntos.
Este ano, Vicentiño vai pasar connosco no cole ata o entroido do vindeiro ano. Os seus pais foron con outra familia.
O xoves foi presentado a todos os nenos e nenas do cole e sacamos fotos con él.

miércoles, 7 de febrero de 2018

Xogamos coas olas

Hoxe tuvemos a sorte de contar con dúas persoas que nos explicaron a tradición do entroido  na provincia de Ourense: Juan, en representación do entroido de Seixalbo e Lois en representación das pistas  de Eiroas.
Despois de aprender un montón de cousas sobre os mesmos, rematamos co lanzamento de olas.
Un día diferente e moi interesante.